RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Jaime opina que "todo o equipo estivo moi ben defensivamente" e Villares cre que "faltou esa puntiña de acerto"

Jaime e Diego Villares pasáronse pola zona mixta do Estadio da Malata.

O central andaluz apunta que "tiñamos moitas ganas de gañar fóra de ABANCA-RIAZOR. Non puido ser. Tivemos algunha opción clara de gañar pero a seguir traballando, un punto máis e a facelo bo en casa".

Lembra que por diante até o final de liga "quedan 6 partidos. Nós temos que tentar gañar os máximos posibles e ao final xa se verá. Nós a esperar o noso traballo e esperar que eles piquen".

Jaime resalta que "todo o equipo estivo moi ben defensivamente" e subliña que os dous equipos "témonos moito respecto. Ningún dos dous queriamos perder e ademais queda moi pouco. Sabiamos que perder aquí íase a complicar moito máis".

Pola súa banda, Diego Villares lamentouse de que "se nos segue resistindo a vitoria fóra de ABANCA-RIAZOR aínda que teñamos as ocasións máis claras".

Opina que esta tarde "o dominio levouno un pouquiño máis o Racing pero as ocasións máis claras foron nosas e nesa (en referencia á de Arturo) puidemos levarnos a vitoria que nos soubese un pouco mellor".

Explica que "xogamos a baza de xogar con 4 arriba, con Quiles e Mario Soriano por fóra e despois con dous puntas aínda que Lucas fixese tamén de segundo punta. Sacrificamos o dominio do partido para ter xente máis arriba e crear ocasións; e faltounos esa puntiña de acerto".