RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Javier Irureta será decisivo na fichaxe do ovetense Hevia

Estaba a facerse tarde para poder incorporar un novo dianteiro, pois a pretemporada xa estaba en marcha e os deportivistas tan só dispuñan para o ataque de Batrovic, Mella e Raudnei. A Comisión Deportiva do Club continuaba con numerosas xestións en torno

Batrovic, Cayetano e Jorge, con diversas molestias na concentración
A DIRECTIVA DEPORTIVISTA INTENSIFICA A PROCURA DALGÚN DIANTEIRO MÁIS

Mentres a Comisión Deportiva do Club branquiazul continúa os seus contactos e xestións, tanto na procura dalgún dianteiro como para completar o programa de partidos que debe disputar o equipo na pretemporada, que Arsenio esperan sexan cinco ou seis, na concentración deportivista de Carballo séguense cumprindo os programas de traballo, aínda que con lixeiras incidencias.

Xa se atopan case totalmente recuperados Muíños e o iugoslavo Sredojevic, que van entrando en actividade. Con todo onte houbo tres baixas no forte e duro programa físico da mañá, con circuítos de resistencia e potencia, e na sesión vespertina xa co balón.

As baixas foron: O gardameta Jorge, que anda moi forte, e produciuse un golpe nun ombreiro; o capitán e defensa Cayetano, con molestias nun tendón, e o novo dianteiro, Zoran Batrovic, cunha alixeira contractura muscular. O tres pasaron consulta onte co doutor Barbeito Couceiro, xefe dos servizos médicos do club que, ademais de recetarles a medicación oportuna, recomendoulles, de acordo co técnico, repouso absoluto no programa de actividades. Tanto o doutor como Arsenio esperan que o tres estean en condicións de traballar xa con toda normalidade mañá. (...)

-Pendentes de Oviedo e Valencia.

É evidente que o actual persoal, coa que traballan Arsenio Igrexas, Carlos Ballesta e José Ángel Franganillo en Carballo, é curta para unha Liga tan longa, máxime tendo en conta que é posible que o de Arteijo ?descarte? a algún dos actualmente concentrados.

Con tres dianteiros, Batrovic, Mella e Raudnei, non se pode afrontar a liga. A pasada tempada empezouse con catro: Donowa, Hidalgo, Raudnei e Vicente, e ao causar baixa o morenito viñeron os problemas. Para cubrir esta necesidade ?deixamos á marxe a posibilidade de traer a un centrocampista con experiencia e categoría-, a directiva ten as súas miras postas en dous homes: Hevia, do Real Oviedo, e Fenoll da Valencia, estando pendente do que digan os seus técnicos.