Juanmi foi presentado como novo porteiro do Deportivo da Coruña para as dúas próximas tempadas. O xogador, que pasará os controis médicos este luns pola mañá, ten previsto incorporarse á concentración de Vilalba ao mediodía. "Veño dalo todo por este club.
Juanmi mostrouse satisfeito coa súa fichaxe polo Deportivo "un equipo grande de España e Europa". Augusto César Lendoiro deulle a benvida ao Deportivo e desexoulle grandes éxitos como branquiazul.