RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Kevin renova por cinco anos co RC Deportivo

Kevin Sánchez Rey (Burgos, 20 de febreiro de 2005) prolongou a súa relación co RC Deportivo polas próximas cinco temporadas, até xuño de 2028.

O dianteiro do Xuvenil A no curso recentemente finalizado é unha das perlas de Abegondo, onde chegou procedente do Burgos CF con 14 anos, na temporada 2019-20, para incorporarse ao San Tirso SD Cadete.

Na súa cuarta campaña en #ANOSACANTEIRA, Kevin alcanzou varios fitos. Foi convocado en varias ocasións pola selección española Sub-18, coa que participou en 5 partidos, e debutou co Fabril, ademais de ser o máximo goleador do Xuvenil no grupo 1 de División de Honra, con 21 tantos, e de axudar ao equipo a alcanzar por segunda vez na súa historia as semifinais da Copa do Rei.