RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Kevin Sánchez participa nuns adestramentos coa selección española sub-19 antes de incorporarse ao Xuvenil A

Kevin Sánchez Rey (Burgos, 20 de febreiro de 2005) está concentrado coa selección española sub-19 nuns adestramentos que teñen lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi desde onte luns 6 e ata mañá mércores 8 de maio.

O canteirán deportivista incorporarase o xoves ao Xuvenil A para a eliminatoria de cuartos de final da Copa de Campións ante o Sevilla FC, cuxo partido de ida será este domingo 12 de maio ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) en Abegondo; do mesmo xeito que Mardones.

O atacante fabrilista foi pichichi do filial nesta primeira temporada en Segunda Federación, ao anotar 8 goles en 18 partidos xogados.

Kevin Sánchez, con contrato ata xuño de 2028, é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Lucía Rivas, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.