RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Kevin Sánchez: Ser canteirán e estar co primeiro equipo é unha tolemia

O canteirán Kevin Sánchez foi o protagonista ao acabar o amigable no Estadio Municipal de Chaves.

Fixo balance do que vai de DéporXira Auga de Parada: "Para min ser canteirán e estar co primeiro equipo é unha tolemia. Fixemos moi bos partidos con 2 vitorias, 2 empates e 1 derrota". "Ao equipo sempre o vexo ben. Hai partidos mellores, partidos peores. Pero a hora, o clima, ímonos para casa... É un pouco raro o día de hoxe", conclúe.

Advirte que "sempre se pode mellorar. Vimos de facer 2 partidos moi bos. A calor, a hora, o campo pesan. E esta semana, que foi longa para nós".

Subliña que en Chaves "fixo máis calor que calquera día. Tamén foi 2 horas antes. Entón o balón parábase".

A nivel individual o internacional deportivista sub-19 lembra que "estou para a posición que o míster me poña. Darei todo iso é o que me caracteriza a min. Vinme ben. Por suposto que teño moitas cousas que mellorar porque non é unha posición (en banda) que estea afeito xogar. E para adiante".

Precisamente desvela que Imanol Idiakez pídelle que "sexa eu. É unha posición nova pero que me adapte".

Kevin confesa finalmente que "estas vacacións tomámonolas moi en serio para mellorar porque xa son primeiro ano sénior, xa non son xuvenil; e hai que espremerse ao máximo".