RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Kike Saverio, na súa presentación, admite que "o obxectivo é claro e o único pensamento é o ascenso"

Javier Enrique Delgado Saverio, Kike Saverio (Xénova, Italia, 19 de xuño de 1999) foi presentado como novo xogador do Dépor para o que resta de temporada e unha campaña máis.

Após posar no campo principal de Abegondo coa súa nova camiseta acompañado polo Presidente, Antonio Couceiro, o novo atacante deportivista afirmou ante os medios de comunicación que "de momento está a coñecer o equipo, aos compañeiros. A cidade xa a coñecía e estou a me adaptar".

Asegurou que está "claramente recuperado" dunha rotura no tendón de Aquiles que o tivo varios meses á marxe dos terreos de xogo.

Nesta liña, lembra que ese proceso de recuperación foi "longo, un proceso no que hai que traballar moito. Por sorte recupereime da mellor maneira posible e nótome ben, a verdade que non noto diferenza entre un e outro e síntome moi ben".

Conta que o seu representante "me comunicou o interese do Dépor. Igual que dixo Lucas, non veño a Primera RFEF, veño ao Dépor. O obxectivo é claro e o único pensamento é o ascenso".

De feito, subliña que "desde que cheguei dásche conta. É o obxectivo, o único e o principal; e é o que eu teño na miña cabeza, subir co Dépor".

O novo futbolista branquiazul lembra que na vangarda de ataque "xoguei nas 3 posicións. Pero si que me desenvolvo mellor na banda esquerda porque podo saír por fóra e por dentro e é a posición na que máis cómodo me sinto".

Finalmente, Saverio destaca que é un xogador "que me gusta ter a pelota. O Dépor é protagonista, propón. En canto mellor e en mellores condicións chégueme a pelota, é moito máis fácil para encarar, buscar o un contra un e sacar o meu máximo potencial".