La Peña Ribeira de Sada organiza unha viaxe a Santander
La Peña deportivista Ribeira de Sada organiza unha viaxe con motivo do partido do próximo día 5 de decembro: Racing de Santander - Deportivo. O prezo será de 100 euros para socios da pena e de 120 euros para o resto da xente.
No prezo está incluído: - Viaxe de ida e volta en autobús. - Noite en Santander en habitación dobre. - Entrada para ver o partido.
As prazas serán limitadas, a inscrición para a viaxe deberá facerse na sede da pena (Bar a Nosa Viña). O prazo de inscrición é ata o día 27 de Novembro. Máis información no teléfono 605 179 054 ou na páxina web da pena: www.penaribera.org