RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ORZÁN SD

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario deste domingo, con cita para o Dépor ABANCA B no campo Arsenio Iglesias

A semana en ANOSACANTEIRA feminina vén marcada pola visita do Athletic B ao Dépor ABANCA B este domingo 16 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias.

As Nosas marchan en 6ª posición con 13 puntos por 22 das biscaíñas, segundas.

O vestiario deportivista celebra ademais a citación de Redru para uns adestramentos coa selección española sub-19 a próxima semana.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.

Completan a xornada do domingo 16 o partido do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria CF (12:00 no campo Víctor Fernández Alonso) e o do Orzán SD Xuvenil ante o Sporting Burgo (12:30 na Torre).

Antes, este sábado 15 o Orzán SD Cadete venceu en Narón á SD O Val (0-9), do mesmo xeito que o Orzán SD Infantil A pero na Torre (10-1); e o Orzán SD Infantil B ao Santa Cruz CF (2-0).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ATHLETIC CLUB B, o domingo 16 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias

Tercera Federación
8ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 16 de novembro ás 12:30 no campo Víctor Fernández Alonso

Primera Autonómica
9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SPORTING BURGO, o domingo 16 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 2)

Liga Galega cadete
7ª xornada: SD O VAL 0 - ORZÁN SD CADETE 9 (Daniela Barbanzán, Alba García -3-, Carmen Folgar, Carmen Couto e Antía Losada -3-)

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Vera Melki -3-, Daniela Arrojo -2-, Lara Vázquez -2-, Inés Neira -2- e Lara Gómez) - SD O VAL 1

Grupo 2º, 7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Claudia García -2-) - SANTA CRUZ CF 0