RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lapeña: "O que nos queda é pór o noso compromiso e a nosa competitividade ao nivel que #ANOSAFORZA está a demostrarnos"

Adrián Lapeña manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que a chegada de Lucas Pérez ao Deportivo "o equipo tomouna igual que #ANOSAFORZA. Tiñamos moitas ganas de que viñese desde que se deu a posibilidade. Caeu no equipo moi ben. É un tío cunha personalidade moi grande, que nos adestramentos está a demostrar que ten unha calidade por encima do resto e vainos a achegar moito nestes 6 meses que nos quedan".

De cara á visita do Unionistas de Salamanca CF este domingo 8 de xaneiro ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR, "temos que abstraernos a fin de semana de todo o que pasou co tema Lucas. Vén un rival que ante os equipos de arriba soubo competir. Se non me equivoco, gañoulle ao AD Alcorcón hai pouco. Tamén gañou en Ferrol. É un equipo que ten as ideas moi claras, que non vai vir a pasar a tarde a ABANCA-RIAZOR senón que vai vir co seu estilo de xogo. É un equipo que concede moi pouquiño, por tanto, non podemos ter unha tarde parva porque se non o imos a pagar caro".

Despois de coincidir con Óscar Cano no CD Castellón, Lapeña explica que "é un pouco parecido" o estilo de xogo respecto ao de Borja Jiménez, "ser dominadores da pelota. Si que é verdade que con Óscar achegamos máis xente ao balón para ir crecendo e con Borja eramos un pouco máis amplos no terreo de xogo, pero ao final a idea practicamente é a mesma, por iso creo que nos nos veu ben un adestrador máis ou menos con ideas parecidas ás de Borja, quitando 3 ou 4 matices que os soubemos adaptar ao xogo".

Asegura que "estamos nun momento bo. O equipo, todos os xogadores están a entender o que quere Óscar e isto para o que nos queda de temporada é moi bo e moi importante para poder sacar os partidos adiante".

Cualifica de "unha tolemia" as 7.000 persoas que recibiron a Lucas en ABANCA-RIAZOR: "O deportivismo non se pode explicar con palabras, senón con xestos por exemplo o outro día na presentación. É unha barbaridade meter semellante cantidade de xente nun campo de fútbol para unha presentación dun xogador. Os feitos falan por si sós e o que nos queda é pór o noso compromiso e a nosa competitividade ao nivel que que #ANOSAFORZA está a demostrarnos que ten ganas de conseguir o obxectivo".

Preguntado polo seu futuro, Adrián Lapeña lembra que "me quedan 6 meses aquí. Teño a cabeza no Dépor. Eu se digo a verdade estaría encantado de de seguir moitos anos máis, pero iso non depende de min. Se me puxesen aquí un contrato, comigo non terían ningún problema de estendelo. Estou a gusto aquí, estou a gusto na cidade, a xente trátame moi ben, por tanto, creo que comigo non habería ningún problema en seguir moitos anos máis aquí".