A futbolista do Deportivo ABANCA, Laura Vázquez, recibiu esta mañá o alta hospitalaria, após ser sometida onte mércores 4 de marzo a unha artroscopia para reparar unha rotura de menisco do seu xeonllo esquerdo.
A intervención, completada con éxito, tivo lugar no Hospital Quironsalud A Coruña a cargo do traumatólogo Juan Trobajo.
A defensora branquiazul terá unhas semanas de inmovilización e, posteriormente, iniciará tratamento de fisioterapia a cargo dos fisioterapeutas do Club.