RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Lebedenko transmite a súa experiencia como emigrante aos alumnos do CEIP Sagrada Familia coa ONG Cooperación Internacional

O xogador deportivista Orest Lebedenko impartiu na tarde do pasado mércores 24 unha charla aos alumnos e alumnas do CEIP Sagrada Familia, dentro do proxecto de voluntariado Living for Others, da ONG Cooperación Internacional.

O futbolista ucraíno falou aos mozos sobre o que significa vivir fóra do seu país, como foron os seus primeiros pasos en España e co idioma. Tamén abordou outros temas como a distancia coa súa familia no país de orixe, como é a vida en Ucraína, a súa dedicación cos estudos ou o seu camiño no fútbol internacional. Logo abriuse unha quenda de preguntas na que os alumnos e alumnas quixeron saber como é a súa día a día no vestiario, cal é a súa comida española favorita, como valora a súa experiencia na Coruña...

Á conclusión da charla, os estudantes disputaron un partido de fútbol sala no que Lebedenko exerceu de árbitro, dando pequenas indicacións a todos os participantes.

A xornada finalizou cunhas fotos cos voluntarios de Living for Others e unha entrega de agasallos ao xogador, como o balón asinado polos alumnos e alumnas da foto.