RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lendoiro: Por Momo hai moitos clubs interesados, e media Segunda División

O Presidente deportivista, Augusto César Lendoiro, aproveitou a presentación de Cristian Hidalgo para afirmar que Momo é un dos futbolistas que máis ofertas ten encima da mesa. "Hai algunha de Primeira, pero sobre todo os clubs de Segunda fixáronse nel

Por outra banda, e respecto de Dani Mallo, o Club segue agardando unha resposta do futbolista e do seu axente, Lito Míguez. En canto ás saídas, "imos esperar á confección definitiva do persoal e ás decisións de Joaquín Caparrós. É evidente que hai futbolistas que teñen máis posibilidades de saír que outros. Así, Rubén ten máis opcións de marcharse que Taborda..."