RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Lista de xogadores do Fabril e resultados da canteira hoxe sábado

En Terceira División, o Fabril medirseá en Abegondo ao Choco o mañana domingo 4 de abril ás 18.00 horas. O horario desta penúltima xornada de Liga vén imposto pola Federación, posto que o conxunto vigués opta a un

José Luís Devesa, técnico fabrilista, citou para este partido a estes futbolistas: Marc, David, Cañi, Óscar, Aarón, Miguel, Sidibe, Rober, Adrián, Bicho, Queijeiro, Remeseiro, Nierga, Callón, Dani Igrexas e Lemos.

Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva co seu carné anual ou mensual. Para o público, a entrada sénior costa 12 euros.

Por outra banda, o Galicia Caranza, segundo na clasificación, caeu contra prognóstico onte en Oroso (1-0) e converteu xa en campión do grupo norte da liga Galega ao Cadete B, que empatou hoxe sábado en Elviña (0-0) o seu partido ligueiro ante o Ural, xa intranscendente.

É o noveno título para a canteira deportivista no que vai de tempada, tras os conseguidos anteriormente por: Cadete A (campión da División de Honra); Infantil A (campión do grupo norte da liga Galega); Alevín A (campión da liga Comarcal); Benjamín A (campión do grupo da Coruña da liga Comarcal e do Play Off final); Benjamín B (campión do grupo As Mariñas-Arteixo da liga Comarcal); Alevín B (campión do grupo terceiro da Copa de Consolación); e Benjamín B (campión do Play Off de Consolación).

A xornada finaliza o mércores 7 de maio co partido do Benjamín A en Abegondo. O Alevín A xoga o luns ante o Luís Calvo, en partido que lle pode dar o título aos futbolistas de Juan Villamisar de campións do grupo norte do Trofeo Luís Calvo de fútbol once.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado,  é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - CHOCO, o domingo 4 de maio ás 18.00 en Abegondo

Categoría xuvenil
Liga Nacional: XUVENIL B 1 (Keko) - ALONDRAS 1

Categoría cadete
División de Honra, Xogado o pasado xoves: CADETE A 8 (Iago, Borja, Chumi, Mauro, Aarón, Pose e Adrián (2)) - MOAÑA 1
PONTEVEDRA 1 - CADETE A 1 (Adrián)

Liga Galega, xogado o pasado xoves: CADETE B 3 (Antón, Boedo e Héctor) - X. OROSO 1
URAL 0 - CADETE B 0

Categoría infantil
Xogado o martes 29 de maio: INFANTIL A 3 (Roi, Álex Alonso e Pereira) - CELTA 3

Primeira Autonómica, grupo 1º: CALASANZ B 4 - INFANTIL B 3 (Jacobo, Mosquera e Litos)

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, grupo norte: ALEVÍN A - LUÍS CALVO, o luns 5 de maio ás 19.30 en Abegondo (campo nº 5)
 
Categoría benjamín
Play Off de Clasificación: SAN TIRSO A - BENJAMÍN A, o mércores 7 de maio ás 19.30 en Abegondo

Play Off de Consolación: URAL 2 - BENJAMÍN B 5 (Dani, Noah (2), Meki e un futbolista rival en propia meta)