A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste domingo 1 de febreiro (12:00) fronte ao Real Madrid CF en Liga F, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.
Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: MPDL Galicia (Movemento pola Paz), Miniresidencia Milagrosa Carballo, AECC (Asociación Española contra o Cancro), ASPRONAGA, Fundación ADCOR e Asociación Les Coruña.
Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.
