RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Loito no Deportivo polo falecemento de Cheché Martín

O deportivismo está hoxe de loito polo falecemento esta pasada madrugada do mediovolante coruñés Cheche Martín Guimeráns, integrante daquel famoso equipo dirixido por Scopelli e subcampión de Liga en Primeira División no ano 1949-50, cuxa aliñación mái

A comitiva fúnebre sairá mañá venres de Pompas Fúnebres ás 12.00 en dirección ao Cemiterio de Feáns. Está previsto que unha nutrida representación do Consello de Administración do Deportivo acompañe á familia do futbolista branquiazul.

Cheché Martín xogou no Deportivo nas tempadas 1948-49 e 1949-50, antes de ser traspasado ao Barcelona. Tamén militou no Atlético de Madrid e na Valencia. Foi internacional en dúas ocasións coa Selección Española. Ao retirarse dedicouse profesionalmente á pintura, na que gozou dun gran prestixio.