RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Empate de Uruguai ante Ecuador grazas a un gol de Espe Pizarro no minuto 94

DÉPOR ABANCA · 8 MARZO 2026

EMPATE DE URUGUAI ANTE ECUADOR GRAZAS A UN GOL DE ESPE PIZARRO NO MINUTO 94

-Foto:Esperanza Pizarro estivo concentrada coa selección de Uruguai para dous partidos amigables fronte a Ecuador.Ambos os encontros serviron de preparación para as eliminatorias de clasificación do Campionato do Mundo de 2027 do mes de abril ante Perú, Bolivia e Chile.O segundo dos choques xogouse este sábado 7 de marzo no Estadio Chubb Area de Quito.O encontro acabou en empate (1-1) e a protagonista foi a futbolista do Dépor ABANCA, que saíu no once inicial e foi a autora do tanto uruguaio no minuto 94.O primeiro deles foi este pasado mércores 4 de marzo no mesmo escenario.A dianteira deportivista tamén foi titular e aos 4 minutos de xogo anotou o primeiro tanto do partido.O choque caeu para Uruguai por 2-3.Os resultados de Espe Pizarro nesta xanela FIFA foron os seguintes:Mércores 4 de marzoECUADOR 2 - URUGUAI 3Sábado 7 de marzoECUADOR 1 - URUGUAI 1Espe Pizarro, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva até a data 10 partidos xogados en Liga F, 9 deles como titular, con 5 goles.