
DÉPOR ABANCA · 8 MARZO 2026
EMPATE DE URUGUAI ANTE ECUADOR GRAZAS A UN GOL DE ESPE PIZARRO NO MINUTO 94
-Foto:@https://x.com/AUFfemeninoEsperanza Pizarro estivo concentrada coa selección de Uruguai para dous partidos amigables fronte a Ecuador.Ambos os encontros serviron de preparación para as eliminatorias de clasificación do Campionato do Mundo de 2027 do mes de abril ante Perú, Bolivia e Chile.O segundo dos choques xogouse este sábado 7 de marzo no Estadio Chubb Area de Quito.O encontro acabou en empate (1-1) e a protagonista foi a futbolista do Dépor ABANCA, que saíu no once inicial e foi a autora do tanto uruguaio no minuto 94.O primeiro deles foi este pasado mércores 4 de marzo no mesmo escenario.A dianteira deportivista tamén foi titular e aos 4 minutos de xogo anotou o primeiro tanto do partido.O choque caeu para Uruguai por 2-3.Os resultados de Espe Pizarro nesta xanela FIFA foron os seguintes:Mércores 4 de marzoECUADOR 2 - URUGUAI 3Sábado 7 de marzoECUADOR 1 - URUGUAI 1Espe Pizarro, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva até a data 10 partidos xogados en Liga F, 9 deles como titular, con 5 goles.

David Mella mídese en Tirana a Albania coa selección española...

Lucas Noubi xogou de titular o amigable ante a Italia sub-21 ...

Lorenzo Amatucci participa no empate de Italia ante a Bélxica...

Nsongo Bil venceu con Camerún a Namibia este luns 16 de novem...

José María Giménez, con Uruguai, recibe en Maldonado á Repúbl...

Os abonados e abonadas xa poden retirar o seu convite obrigat...