
DÉPOR ABANCA · 8 MARZO 2026
FRAN ALONSO ASEGURA QUE "IMOS IR SEN MEDO" AO CHOQUE ANTE O FC BARCELONA, "O MELLOR EQUIPO DO MUNDO"
Fran Alonso manifestou, concluído o encontro amigable ante o Real Oviedo, que o Dépor ABANCA encara o retorno á competición ligueira ante o FC Barcelona en ABANCA-RIAZOR (domingo 15 de marzo ás 12:00) "con moitísima ilusión, con moitísimas ganas de competir sabendo que nos imos a enfrontar ao mellor equipo do mundo".Asegura que "imos ir sen medo, con moitas ganas de sacar algo positivo sabendo que é moi difícil no partido máis difícil que podamos ter".O técnico deportivista recalca que o Dépor ABANCA "está ben animicamente. Crecemos moito desde principio de temporada. Agora recuperamos a xogadoras importantes, temos a xogadoras loitando por posicións, a bastantes futbolistas na mellor forma do ano".Iso si, advirte que ante o Barça "temos que estar case perfectas e que o rival non estea ao seu mellor nivel para sacar algo".Viu a Hildah Magaia, que debutaba en Oviedo coa camiseta branquiazul, "ben, voluntariosa. Ten que coller ritmo. Para ela é unha pretemporada porque leva sen competir uns meses. Está a se acomodar ás tácticas, ás estruturas do equipo. Fixo algunha combinación boa con algunha compañeira. Véselle que se está integrando máis".Cre que a internacional surafricana "vainos a dar moito. Estou moi contento por ela e por outras xogadoras", e pon como exemplo a Henar, que "leva moito sen competir".

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este v...

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...

Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...

Dépor Dixital 2026 convértese nun punto de encontro entre dep...