RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lorena Bedoya, nova xogadora do Dépor ABANCA

Lorena Bedoya Durango (Bello, Colombia, 6 de outubro de 1997) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para o ano 2020 con posibilidade de ampliación de contrato. Bedoya, que adoita desempeñarse como central ou mediocentro defensiva, formouse no Club Molino Viejo, de Medellín, e debutou como xogadora profesional no América de Cali, do que deu o salto ao Atlético Nacional, club do que procede.

Na primeira das súas dúas campañas no Atlético Nacional, Bedoya coincidiu coa que volverá ser a súa compañeira na Coruña, Carolina Arbeláez. Xuntas conduciron ao conxunto de Medellín ao subcampeonato da Liga Águila Feminina en 2018. Ambas tamén veñen de disputar a Copa América de fútbol sala coa selección colombiana, coa que lograron a medalla de bronce hai apenas uns días en Paraguai.

Lorena Bedoya viaxará a España en próximas datas para porse ás ordes de Manu Sánchez nos primeiros días do ano 2020.