RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Louzao e o Real Club Deportivo volven percorrer quilómetros xuntos

O Real Club Deportivo e Louzao volven unir os seus camiños. O concesionario oficial Mercedes–Benz na Coruña convértese de novo no provedor dos Vehículos Oficiais do Real Club Deportivo para a próxima temporada. O prestixioso concesionario coruñés, con implantación en boa parte de Galicia, prové os automóbiles de representación para o Club, como os que nas últimas horas recolleron o técnico deportivista Fernando Vázquez e o adestrador do Fabril, Juan Carlos Valerón, así como os vehículos de carga e transporte de pasaxeiros.

A frota de automóbiles da marca Mercedes están destinados a cubrir as necesidades do Club, especialmente mediante os seus vehículos industriais de pasaxeiros, como as Vito ou clase V, perfectas para o traslado de material e de persoas entre as diferentes instalacións do Dépor e de decenas de xogadores das categorías inferiores desde os seus lugares de orixe.

O acordo continúa dando presenza de imaxe nos soportes publicitarios e a través das canles de comunicación do Club, a unha das marcas máis prestixiosas do mundo do automóbil e a un dos concesionarios con máis tradición da cidade.