RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Lucas fala de dura derrota e Mackay cre que non estivemos ao nivel que se nos esixe

Dous dos capitáns do Dépor, Lucas Pérez e Mackay, pasáronse pola zona mixta do Stadium Gal.

O dianteiro coruñés cre que "os primeiros 15 minutos empezamos mellor que eles, dominando, meténdoos no seu campo. Aínda que non tivésemos ocasións claras de perigo si que estabamos no seu campo pero a raíz do gol sentiron máis cómodos. Na segunda parte puxéronse con 2-0 con falta de contundencia, de agresividade que non é propia do Club nin dos xogadores que temos. Hai que traballar. Sentímolo moito. Viñamos dunha xeira moi boa, pensabamos que con iso nos iamos a ir para arriba pero déronnos un duro golpe e agora hai que levantar a cabeza".

A pesar da derrota, lembra que "o equipo é o mesmo de pasadas xornadas nas que fixo grandes partidos. Esta foi unha derrota moi dura, non pensabamos nela e menos despois dos primeiros 20 minutos dominando no seu propio campo. O seu gol fíxonos moito dano, sentimos vulnerables, débiles; e xa a segunda parte non existiu".

Lucas pensa que "hai que esixirnos, ser o mellor no adestramento xogues ou non xogues. É a única maneira que coñezo para saír das fochancas. É o que hai que facer, esixirse un mesmo e traballar para darlle a volta".

Lembra que "estamos na xornada 11. Os equipos non ascenden nin na 11 nin na 12, ascenden na 38. Así que imos traballar e imos estar aí arriba. Ímolo a demostrar".

Pola súa banda, Ian Mackay opina que "non estivemos ao nivel que se nos esixe e así foi o resultado. Non nos saíu nada. Toca tragar saliva, aguantar e empezar a pensar no seguinte partido".

O gardameta coruñés conclúe que o partido do Deportivo no Stadium Gal "foi moi malo e non hai que pór ningunha escusa".