RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas incorporouse esta mañá ao traballo de grupo

Lucas Pérez superou a dorsalxia que arrastraba desde o pasado venres e adestrouse esta mañá con normalidade co resto de compañeiros nos campos 2 e 3 da Cidade Deportiva de Abegondo.

Así pois, unicamente está fóra do grupo Fede Cartabia, que segue entre o ximnasio e o céspede o seu proceso de recuperación.

Hoxe retirouse antes de finalizar o adestramento Adrián López, cunha molestia na rexión inguinal esquerda. Os Servizos Médicos agardarán á súa evolución nas vindeiras horas.

Esta mañá, cos fabrilistas Francis, One e Edu Expósito, o cadro deportivista tivo un quecemento, un traballo de forza, un exercicio de posesión e, para concluír, un partido área a área.

Mañá xoves, o cadro está citado de novo en Abegondo ás 11:00 horas.