RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Lucía Martínez chega da liga F ao Dépor ABANCA para fortalecer o mediocampo

Lucía Martínez González (Madrid, 27 de novembro de 2001) chega ao Dépor ABANCA até final de temporada para fortalecer o centro do campo do equipo líder da Primera Federación Iberdrola.

Formada nas categorías inferiores do Rayo Vallecano e do CD Fundación Albacete, as súas dúas últimas temporadas xogou na liga F defendendo as cores do Alhama CF (campaña 2022-23) e do Granada CF (temporada en curso).

Así pois, a pesar da súa mocidade, participou na máxima categoría do fútbol español nun total de 41 partidos.

Lucía Martínez é o segundo reforzo das Nosas após a chegada tamén neste mercado de inverno da internacional venezolana 'Michi' Apóstol.