RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luisinho: Estamos tristes porque non é a primeira vez que somos prexudicados

Luisinho compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Titular onte no lateral zurdo, asegura que "quedaron dous puntos en Granada. Sabíamos que era un partido difícil, cun rival que non había gando a&uacute

Do encontro, recoñece o defensa deportivista que "no primeiro tempo non estivemos moi ben. Estivemos ben en defensa pero en ataque custounos un pouco máis. Agora cando quítanche un gol cando tes necesidade nesa parte de arriba, todo é máis difícil. Hai que traballar, hai que demostrar que as cousas poden cambiar".

Asegura que "estamos tristes porque non é a primeira vez que somos prexudicados". "Quítanche un gol limpo. Non é unha xogada que ti poidas dicir que é unha falta ou algo. É un gol, un gol dáche puntos. E eses puntos fannos falta. É un gol bastante claro que todo o mundo ve que non é fóra de xogo", engade.

Iso si, non quere cargar "todas as culpas nos árbitros. Está a custarnos (pechar os partidos). Contra a Valencia tivemos varias oportunidades e non pechamos o partido como queriamos. Onte foi un partido distinto, non tivemos tantas oportunidades. Tentámolo de todas as formas. Co traballo que estamos a facer e con esas ganas que estamos nos partidos, os resultados van chegar".

Cumprido un cuarto de liga, Luisinho apunta que "queriamos estar máis arriba. Somos conscientes que hai partidos que non o fixemos ben. Pero non creo que esteamos tan mal. Estamos na décima xornada, quedan moitos partidos por diante. Hai que empezar a gañar partidos".

Insiste en que "nós mereciamos ter unha tempada tranquila porque xa levamos dous anos seguidos en Primeira. Temos un persoal bastante equilibrada, e non tiñamos necesidade de pasar o que estamos a pasar agora. As cousas non nos están saíndo. Somos realistas e conscientes diso. Hai que espabilar todo o mundo, non só un nin dous. Sabemos que a liga é dura, é competitiva e hai que estar preparado para iso".

Finalmente a nivel persoal, mostrouse "feliz" por conseguir "ter minutos, ter partidos" no Deportivo.