RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luisinho, Sidnei e Kakuta, con molestias físicas

Tres futbolistas acabaron o partido de onte en Riazor con molestias físicas.

Luisinho sofre unha contusión nun cuádriceps; Sidnei arrastra molestias nos isquiotibiais; e Kakuta, na ingua esquerda.

Os Servizos Médicos agardarán a mañá sábado para saber se están en condicións para o partido deste domingo 5 de marzo en Xixón ante o Sporting (12:00, Bein Sports).

De momento, Guilherme é o único futbolista de baixa médica.