Luque e Romeu acudirán a unha xornada de concentración coa selección española
Os deportivistas Luque e Romeu foron citados polo seleccionador
nacional, Luís Aragonés, para unha xornada de convivencia en Madrid o vindeiro luns
23 de maio.
O técnico nacional comezará a preparar así os encontros ante Lituania
e Bosnia Herzegovina de comezos do próximo mes de xuño.