RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Luque xa é deportivista

Albert Luque será novo xogador do Deportivo o próximos oito anos. Luque, de 24 anos, foi presentado esta tarde na sede do Club da Praza de Pontevedra. Augusto César Lendoiro deu a benvida ao xogador ao Club e desexoulle moitos éxitos.

O presidente destacou a ilusión do Club por que o xogador teña moito éxitos "nunha longa carreira defendendo a camiseta do club" e destacou "aquí terá grandes compañeiros que non lle farán fácil o estar nos equipos iniciais e realmente esas ganas de estar aquí son as que dificultaron o acordo" e lembrou "con esta firma confírmase o traspaso de Turu ao Mallorca e a cesión de Pandiani tamén ao Club balear".

O xogador mostrouse ilusionado coa súa etapa como deportivista "dede que souben do interese do Club a miña prioridade era estar na Coruña" e recoñeceu "nun equipo como o Deportivo xogar é un privilexio no posto que sexa, se o técnico cre que é na banda, pois na banda" e engadiu "a competencia é boa para o míster porque así os xogadores tentaremos dar ao máximo" e afirmou "agora hai que traballar e porse as pilas desde xa e como dianteiro que son, meter goles". Luque agradeceu a aposta do Club por el e recoñeceu que o Grupo da liga de Campións, aínda que complicado, atráelle "a calquera lle gusta xogar en San Siro ou no Olímpico de Munich".

O xogador, que chegou ao mediodía á cidade herculina, pasou esta tarde as probas físicas e o recoñecemento médico.