RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Máis de 1200 nenos e nenas pasaron polos campus do Deportivo e da Deputación da Coruña

Un total de 1.250 nenos e nenas, principalmente de máis de 80 concellos da provincia da Coruña, participaron este verán no Campus de Fútbol que patrocina a Deputación da Coruña e organiza o Deportivo e o Campus de Fútbol do Deportivo. Estiveron asistid

José Antonio García Arthús, Director dos Campus, cualificou este verán como "un gran éxito de participación", aínda que confía, se é posible, en continuar aumentando o número de participantes en vindeiras ocasións.

Pero a aposta do Deportivo polo ensino continúa. Ata o próximo 8 de setembro está aberto o prazo de inscrición para a Escola de Fútbol do Real Club Deportivo, que terá lugar na cidade deportiva de Abegondo, O Mundo do Fútbol, entre outubro e maio. Os obxectivos da Deporescuela son iniciar aos nenos/as de 5 a 12 anos na práctica do fútbol, mellorar a técnica do fútbol aplicada ao xogo, asimilar e executar movementos táctivos e inculcar unha educación deportiva baseada no respecto e a deportividade dentro dun ambiente lúdico e educativo.

A Depor Escola estará baixo as ordes dos técnicos do Deportivo e terá lugar nos campos de herba natural e sintética de Abegondo. As sesións terán o seu parte de quecemento, de traballo técnico específico e perfeccionamento e partido -competindo de forma sa e formativa-.

Ao longo do curso desenvolveranse ligas internas entre os distintos alumnos, por idades e ao final do trimestre recibirán un boletín no que se recollerán en observacións formuladas polos técnicos e ao finalizar terán un diploma. Todos os alumnos terán seguro de accidentes deportivos e o número máximo será de 20 por profesor. Haberá traballo específico de porteiros e competicións internas e os alumnos poderán asistir gratis a algúns dos partidos de Riazor.

Os abonados, accionistas e fillos de abonados terán descontos nos prezos do curso.

Para máis información de prezos e forma de inscrición: na sede do Club da Praza de Pontevedra ou na cidade deportiva de Abegondo O Mundo do Fútbol. Teléfonos 981 259500 e 981 647941.