Para Augusto César Lendoiro, o Montpellier "é un equipo que acaba de elminar á Estrela Vermella de Belgrado e iso fala por se só do seu potencial." O Presidente do Deportivo di que non hai que esquecer que "na liga Francesa está a catro puntos de lider e
"Dispón, ademais, de grandes xogadores, vellos coñecidos dos deportivistas, Loko, ex París Saint Germain, Silvestre, ex-xogador do Auxerre, Ouedec, do Espanyol ..."
Lendoiro conclúe que "o Montpellier é un rival moi difícil, pero que estou convencido que superaremos, aínda que non sexa precisamente unha vantaxe xogar o segundo partido en Francia."
Para Javier Irureta, pola súa banda, "non vai ser fácil. Non hai inimigo pequeno, e o Montpellier ten xente con experiencia que xoga ben ao fútbol, xente coñecida en España, como Loko, Ouedec,...".
Para o técnico branquiazul "a vantaxe de ser un equipo francés, é que xogan ben, pero tamén deixan xogar, non se pechan atrás", aínda que ao fútbol francés ""fáltalle competitividade, quizais porque os mellores xogadores franceses están no estranxeiro."
Irureta engade "non cabe dúbida que a eliminatoria é de máis nivel que a anterior, o Montpellier eliminou ao Hamburgo e, aínda que non se por que momento atravesa a Estrela Vermella de Belgrado, o eliminalos na anterior rolda é unha referencia, pois non podemos esquecer que hai poucos anos foi o Campión de Europa."