Makaay: Cambiaría a Bota de Ouro polo título de Liga
Roy Makaay deixou claro este mediodía que a súa xenerosidade vai máis aló do terreo de xogo "os obxectivos do equipo están por diante dos meus. Si, cambiaría a Bota de Ouro polo título de Liga" manifestou sen dubidar nin un segundo.
O xogador recoñeceu que o galardón "a nivel individual para un dianteiro é o máximo, son cousas que non che quita ninguén..." pero engadiu que esperaba aínda marcar máis goles.
Para Makaay no fútbol "nunca se sabe o que pode pasar, a liga está máis complicada pero mentres haxa unha pequena oportunidade....". Para o dianteiro holandés "temos que sumar o tres puntos, non serve de nada que fallen os demais se fallas ti..."