RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Makaay despídese agradecido ao Club e á afección

Roy Makaay despediuse esta noite de Riazor, dos seus compañeiros, do Club e da afección branquiazul. Emocionado, satisfeito co acordo e sobre todo, agradecido "moitas grazas ao Deportivo por este catro anos magníficos, conseguín títulos, fun pichichi, bot

O xogador viaxa este martes pola mañá rumbo a Munich para concretar o seu acordo co Bayern e pasar os pertinentes recoñecementos, "oxalá que me poida presentar mañá mesmo pola noite co Bayern" dixo.

"Ata o último día a afección deixou claro que me queren... eu doulles as grazas e sobre todo ao Deportivo de darme a oportunidade de seguir en Primeira cando baixou o Tenerife". E recoñeceu emocionado "a partir de mañá son doutro equipo, pero nunca esquecerei este catro anos".