RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Mallorca 2 - Deportivo 2<br>Empate en Son Moix

O Deportivo conseguiu un traballado empate en Son Moix co resultado de dous goles a dous. Na primeira parte o Mallorca marcaba o ritmo do atopo pero non habería goles. Na segunda parte o Deportivo adiantaríase por dúas veces con goles de Luque, pero Luís

O partido chegou ao descanso co resultado de cero goles a cero, tras unha primeira parte na que o Deportivo non soubo atopar o seu xogo e o Mallorca gozou das mellores ocasións.

No minuto 5 da segunda parte chegaría o golazo de Luque tras unha incrible parede con Tristán. Internada de Luque en carreira mete para Tristán na liña da área que recibe de costas e fai a parede de tacón para Luque que xa internado na área cruza para marcar o gol.

O resultado positivo a favor do deportivo duraría só 7 minutos, xa que no 12 da segunda parte Luís García lograba rematar de cabeza un centro de Okubo e subía o empate no marcador para o Mallorca.

De novo adiantaríase o Deportivo e outra vez por medio de Luque, esta vez no mintuo 17. Xogada de Munitis por banda dereita que corta cara ao interior e dispara desde fóra da área. Westerveld consegue despexar pero o rexeite aprovéitao Luque para fusilar a meta do Mallorca.

Pouco lle duraría ao Deportivo a alegría do segundo gol, porque aos dous minutos de adiantarse os branquiazuis Okubo subía o empate ao marcador tras rematar un centro por banda dereita.

Polo Deportivo saíron de inicio: Molina, Andrade, César, Manuel Pablo, Romeu, Mauro Silva, Sergio, Munitis, Valerón, Luque e Tristán.