RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá de finalizacións en Abegondo, onde "o míster nos transmite que temos que deixárnolo todo", advirte Raúl Carnero

Aos poucos, paso a paso, a filosofía de Óscar Cano vai calando no vestiario de Abegondo.

Á primeira hora da mañá e minutos antes de saltar ao céspede, Raúl Carnero, un dos futbolistas con máis experiencia na elite no vestiario de Abegondo, aseguraba aos medios de comunicación na sala de prensa da Cidade Deportiva que o técnico branquiazul "transmítenos que o máis importante é o que vén agora, que é o adestramento; e temos que deixárnolo todo".

Óscar Cano pois concede especial valor a cada momento da semana, aínda que hoxe xoves baixase o ritmo físico, como é habitual dous días antes de cada partido.

Un quecemento con xogo, rondos e uns exercicios de finalizacións foron as tarefas dunha calorosa mañá en Abegondo a pesar de estar en pleno outono.

Seguen con adestramento personalizado Borja Granero e Adrián Lapeña, que non poderá xogar a fin de semana ao ser expulsado o pasado domingo en Valdebebas.

Mañá venres, o Dépor realizará unha última sesión de traballo a partir das 10:30 en ABANCA-RIAZOR, escenario do encontro ante o UD San Sebastián de los Reyes, previsto para o sábado 29 ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv), correspondente á 10ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.