RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Mañá xoves 15 de outubro nace na Coruña a Pena Deportivista Djalminha

Djalminha, o xenial futbolista brasileñou que tantas tardes de gloria deu ao Deportivo, tendrá a partir de mañana xoves unha peña deportivista co seu nome.

A inauguración oficial será ás 21.00 horas no seu local social, sito no Bar Cobas da Avenida de Peruleiro nº 2 baixo da Coruña. José Antonio Márquez é o seu Presidente e Miguel Otero, o seu Secretario.

Non é Djalminha o único ex xogador que conta cunha pena. Beci, Capdevila, César, Dani Mallo, Djukic, Donato, Gustavo Munúa, Fran, Iago, Mauro Silva, Naybet, Omar Bravo, Pablo Amo, Luque, Turu Flores, Víctor Sánchez, Xaco e  Xanetas (Juan Acuña); ademais de Joaquín Caparrós ou do médico César Cobián teñen ou tiveron no seu momento unha Pena Deportivista co seu nome.

Do persoal actual, Bodipo, Filipe, Gardado, Manuel Pablo, Pablo Álvarez, Aranzubía e Valerón; ademais dos técnicos Miguel Anxo Lotina e José Luís Ribeira; e do Delegado Juan Anxo Barros, contan coa súa Pena Deportivista. A maiores, Filipe e Juan Rodríguez teñen os seus clubs de fans.