RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Manchester 2 -Deportivo 0<br>O Deportivo non puido co Manchester

Un temperán gol de Van Nistelroy puxo por diante aos de Ferguson no minuto 7 e complicou o encontro aos deportivistas, que comezaron o partido demasiado medorentos. Pero aos poucos, a pesar do medo inicial que propiciou o tanto, os branquiazuis parecían i

Unha boa madeja defensiva organizada en dúas liñas de catro e cinco homes por parte do Manchester foi suficiente para inutilizar ao centro do campo deportivista e impedir que se achegasen a porta con perigo. O colexiado noruegués Terje Hauge anulou dous tantos aos locais, por falta, e o marcador quedou co 2 a 0.

Unha vez máis o Deportivo visitaba o "Teatro dos Soños", un estadio emblemático onde os branquiazuis sabían gañar, pero non esta noite, na que Van Nistelroy fíxolles moito dano.

Ao redor de 600 seguidores branquiazuis, entre os que residen nas illas británicas e os desprazados desde A Coruña co equipo así como outros chegados de distintos puntos de Europa, estiveron nas bancadas de Manchester para animar ao equipo neste importante compromiso europeo, o segundo partido da segunda fase, pero non puideron celebrar un éxito do seu equipo.

A Juve, pola súa banda, impúxose 4 a 0 ao Basilea no seu segundo encontro desta fase da liga de Campións, polo que o Grupo D queda co Manchester na cabeza con 6 puntos, a Juventus con 4, o Deportivo con 1 e pecha a clasificación o Basilea con 0 puntos.

Ver ficha do partido