RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Manu Sánchez cita aos seus futbolistas para adestrar ás 17:30 horas

Concluído o choque ante o Sevilla FC Feminino, Manu Sánchez citou de novo ás futbolistas do Deportivo ABANCA mañá luns 9 de novembro ás 17:30 en Abegondo para un novo adestramento.

Esta semana, o Xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol atendeu a solicitude do Rayo Vallecano para o adiamento do encontro ante o Dépor ABANCA previsto para este mércores 11 de novembro e correspondente á 7ª xornada ligueira.

Un caso positivo por COVID-19 detectado no equipo vallecano e os 10 días de illamento que deben cumprir o cinco contactos estreitos do devandito positivo dentro do cadro motivaron esta solicitude, finalmente concedida.

O sábado 14 de novembro ás 16:00, o Deportivo ABANCA visita a un dos equipos destacados da categoría, o Levante UD nunha nova xornada ligueira.