RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Manuel Pablo admite que "a vantaxe é moi boa" pero advirte que en Israel "non nos temos que confiar"

Manuel Pablo, técnico do Xuvenil A, manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR após concluír o encontro ante o Maccabi Haifa que se marcha "contento. Primeiro loxicamente polo resultado, por como afrontamos o partido, polo apoio que tivemos de #ANOSAFORZA e por como se espremeron todos os xogadores e iso, coa calidade que teñen, dá resultado".

Iso si, aínda que ve moita calidade no seu cadro, "hai que esixirlle esforzo constante porque isto non é fácil de conseguir e eles tamén, a pesar do resultado, son un equipo que, por exemplo, na primeira parte custounos moito a pesar de empezar ben. Despois o partido trabouse bastante. Houbo momentos que estabamos un pouco longos e había que esforzarse un pouco máis. Teñen que acabar así. Están todos cos xemelgos subidos, pero ao final obteñen recompensa".

Preguntado por #ANOSAFORZA, que fixo que só dez estadios de toda España en todas as categorías superasen a pasada fin de semana ao aforamento desta noite de ABANCA-RIAZOR e iso que era un partido de categoría xuvenil, comentou que "sabiamos que ía vir xente, a verdade é que non esperaba tanta, pero si que sabía que se venderon moitas entradas. Era un día un pouco difícil, pero respondeu como sempre e encima axúdanos, empúxanos e fíxonos ir no aire".

En opinión de Manuel Pablo, a clave foi que "na segunda parte estivemos máis xuntos. Eles baixaron bastante non sei se é polo ritmo que nós lle impoñemos ao partido e aí si que volvemos a atopar espazos e resolvemos bastante ben. Na primeira empezamos moi ben, deixábannos levar un pouco o peso do partido e entramos ben, tivemos paciencia para levar o balón dun lado a outro e atopar situacións, pero despois eles saíron un pouco máis e aí si que nos custou un pouco os repregamentos, sobre todo a xente de arriba. Tamén ese segundo gol deunos un pouco de tranquilidade para afrontar a segunda parte un pouco máis tranquilos porque con 1-0 calquera erro pódeche condicionar. Fomos bastante superiores, sobre todo na segunda parte".

De cara á volta o mes de decembro en Israel, explica o adestrador branquiazul que "a afrontamos cunha vantaxe moi boa, pero xa vimos o que pasou contra o equipo polaco. Non nos temos que confiar de nada. Son dunha maneira e vou tentar seguir facéndolles crer que temos que ir buscalos, que temos que ir defender arriba e que normalmente se o fas ben podes atopar premios e a realidade tamén é que podes sufrir. Non son de meterme atrás porque creo que sufririamos igual. A miña maneira de afrontar os partidos é tentar ir buscar ao contrario, sexa onde sexa".

Nesta liña, advirte que "eles irán a por todas alí e nós temos que ser precavidos. Vemos que as eliminatorias están a ser con moitos goles e eles teñen argumentos para facernos dano. Defendemos ben, bastante ben, pero non nos podemos confiar. Imos ir cunha formulación similar. Nada de confianzas".