RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo, tranquilo ante o calendario: "Estamos a competir ben contra todos"

Manuel Pablo mostrouse esta mañá na sala de prensa de Abegondo tranquilo ante o calendario que se lle aveciña ao Fabril porque "estamos a competir ben contra todos. Xa na primeira volta tamén fixeron bos partidos contra o Pontevedra CF e o CD Numancia. Ao final escapar os resultados porque non estás acertado, porque non lles desequilibraches as áreas".

Nesta liña, afirma que o filial deportivista afronta este tramo da liga "coa mesma realidade de querer sacar os partidos adiante e mellorando nesas situacións de ser contundentes en área; de acabar xogadas que ás veces temos que acabar, non quedan en nada e pódense converter en transicións. A idea é tentar mellorar nas áreas".

Advirte que o Real Valladolid Promesas, rival este domingo 19 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (YouTube RC Deportivo), é "un filial moi bo, como nós. Tamén quere moito balón, ten xogadores que alternan con primeiro equipo e alá con balón fíxonos moito dano".

Iso si, indica que "está nesa situación de equipos como nós que queren moito protagonismo pero somos irregulares e por iso estamos aí moi pegados os dous".

O técnico fabrilista insiste en que ao seu equipo está a faltarlle "ser desequilibrantes nas áreas. O outro día o fomos, pero tampouco nos deu porque nos anularon gol e algunha non estivemos acertados. Son cousas que pasan. Está a faltarnos ese acerto e é onde temos que mellorar".

Confesa estar preocupado pola segunda parte do partido en Ávila, que "non fomos capaces de atopar situacións próximas á área e iso é o que temos que mirar, máis que o que poida pasar por situacións que non están baixo nosa man".