RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Maratoniana xornada de sábado para o Dépor ABANCA, con adestramento en Abegondo e longa viaxe a Barcelona

Maratoniana xornada de sábado para o Dépor ABANCA previa ao seu partido na Cidade Deportiva Dani Jarque ante o RCD Espanyol o domingo 2 de marzo ás 12:00 horas (Dazn).

As Nosas teñen vídeo ás 8:30 antes de saltar ao céspede ás 9:00.

Concluída esta última sesión, o equipo partirá a Barcelona vía Asturias con esta folla de ruta:

Sábado 1 de marzo
9:00: Adestramento en Abegondo
11:15: Saída en autocar rumbo ao Aeroporto de Asturias
15:10: Saída do voo do Aeroporto de Asturias con destino ao Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona - El Prat
16:40 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona - El Prat e traslado ao hotel
17:45: Chegada ao hotel Eurostars Don Cándido en Terrassa

Domingo 2 de marzo
12:00: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA na Cidade Deportiva Dani Jarque
Ao concluír, comida no hotel
20:35: Saída do voo do Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona - El Prat con destino ao Aeroporto da Coruña
22:05 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña

Incorporación de Patrícia Hmirová e de Francisca Lara

As internacionais vanse incorporando progresivamente aos adestramentos finalizados os seus compromisos coas respectivas seleccións nacionais.

Se onte mércores xa traballaron Ainhoa Marín e Olaya Enrique, hoxe xoves adestráronse no ximnasio de Abegondo despois dunha longa viaxe Patrícia Hmirová e Francisca Lara.

Mañá venres unirase ao grupo a última das internacionais, Inês Pereira, que xogou onte mércores en Bélxica con Portugal o seu segundo partido correspondente á Nations League 2025.