RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Marina Artero e Olaya disputarán con España o Mundial sub-20 de Colombia

As xogadoras do Dépor ABANCA Olaya Enrique Rodríguez (Avilés, Asturias, 10 de maio de 2005) e Marina Artero Moreno (Barrika, Biscaia, 14 de outubro de 2005) entraron na convocatoria defintiva de España para o Campionato do Mundo de Colombia que arrinca a final do mes de agosto.

Ambas as futbolistas estiveron concentradas estes días na localidade alacantina de Alfaz del Pi e disputaron un amigable ante Países Baixos que concluíu con empate (1-1). Olaya foi titular mentres que Marina Artero, que se acaba de proclamar campioa de Europa sub-19, arrincou o choque no banco e saíu ao céspede no transcurso do mesmo.

España, vixente campioa do mundo, se concentará de novo o próximo 18 de agosto para viaxar xa a Colombia.

Os rivais das españolas na Primera Fase son Estados Unidos, Paraguai e Marrocos, con este calendario:

Domingo 1 de setembro
22:00: ESPAÑA - ESTADOS UNIDOS, no Estadio Olímpico Pascual Guerrero (Cali)

Xoves 5 de setembro
00:00: ESPAÑA - PARAGUAI, no Estadio Olímpico Pascual Guerrero (Cali)

Domingo 8 de setembro
1:00: MARROCOS - ESPAÑA, no Estadio Olímpico Pascual Guerrero (Cali)

Antes de arrincar o Mundial, e xa en Colombia, a selección disputará un último amigable previsto para o martes 27 de agosto ás 22:00 horas (hora galega) en Cali ante a República de Corea.

Desta forma, o Dépor ABANCA estará representado no torneo con 3 futbolistas: Marina Artero e Olaya por España; e Michi Apóstol por Venezuela.