RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Mario Nájera, deportivista até 2027

Mario Nájera León (Logroño, 23 de febreiro de 2003) renovou o seu contrato polo Dépor até xuño de 2027 no marco do firme compromiso do club por #ANOSACANTEIRA.

O centrocampista rioxano leva esta temporada 28 partidos xogados no Fabril en Segunda Federación, con 5 goles anotados.

Nájera chegou a #ANOSACANTEIRA na temporada 2019-20, ao Xuvenil B de Liga Nacional.

A campaña seguinte, 2020-21, proclamouse co Xuvenil A campión de España despois dunha liga na División de Honra na que anotou 15 goles en 22 partidos xogados; aos que hai que sumar 4 partidos disputados na Fase Final e 1 gol máis, ante a UD Las Palmas.

Na temporada 2021-22 disputou a histórica UEFA Youth League e ademais co Fabril en Tercera Federación participou en 30 partidos (11 deles titular) e marcou 2 goles.

Na 2022-23, na que o filial deportivista conseguiu o ascenso, xogou 27 partidos, 21 deles como titular, e anotou 8 goles.

A renovación de Mario Nájera súmase ás asinadas nos últimos meses por Elena Vázquez (2024); Mella, Dani Barcia, Brais Suárez, Lucía Rivas, Paula Novo, Marta Rico e Iano (2026); Yeremay (2026 e un ano máis automático en caso de ascenso a Segunda esta temporada ou a próxima); e Kevin, Rubén López, Martín Ochoa e Diego Gómez (2028), nunha clara mostra da confianza do Club no bo traballo realizado na Cidade Deportiva de Abegondo.