RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mario Soriano confesa que "estamos moi doídos" e Jaime lembra que "se queremos ser primeiros, hai que gañar fóra tamén"

Mario Soriano e Jaime pasáronse pola zona mixta do Estadio Reina Sofía.

O atacante madrileño, goleador esta tarde nos primeiros minutos, apuntou que "o partido empezou da mellor maneira, como queriamos. Os primeiros 15, 20 minutos estivemos moi ben, tivemos o control do balón, a posesión, levamos ao equipo a campo contrario e tivemos 2 ocasións. A raíz do gol deles o partido volveuse un pouco tolo".

Lembra que "todos ou case todos os partidos que perdemos fixémolo cun xogador menos, salvo a Cultural. Imos intensos, queremos gañar, queremos roubar rápido... Hai que esquecelo, pensar no adestramento de mañá, levar a semana da mellor maneira e a polo CF Fuenlabrada".

A #ANOSAFORZA agradécelle "todo o que fan por nós, sempre viaxan, anímannos. Nós estamos moi doídos. Pedímoslles que confíen en nós. Quedan 8 partidos, 2 meses, todo pode pasar. O importante é conseguir puntos fóra de ABANCA-RIAZOR, que se está vendo que é o que nos falta porque en casa somos moi sólidos".

Pola súa banda, Jaime, que no descanso relevou no centro da zaga a Pablo Martínez, subliñou que "sempre que se perde é moi doloroso. Queda pouco, sabiamos que era importante gañar hoxe. É fútbol, non puidemos gañar, démolo todo. Non puido ser e hai que seguir".

Do mesmo xeito que Mario Soriano, o defensor andaluz quere dar as grazas a #ANOSAFORZA porque "sempre veñen apoiarnos. Tentamos facer todo para gañar pero non puidemos. Nós somos os primeiros que queremos gañar. Seguiremos tentándoo, corrixindo erros e pensando xa no próximo partido".

Admite que "fóra de ABANCA-RIAZOR estásenos complicando moito. Tentamos sempre corrixir erros, facer cousas novas, reforzar o que facemos ben pero aínda así se nos atascan os partidos fóra. Os poucos que quedan tentaremos que isto mellore. Se queremos ser primeiros hai que gañar fóra tamén".

Jaime finalmente opina que "sempre que te quedas cun home menos é prexudicial. Aínda así creo que tivemos algunha ocasión para gañar. Ao final un bo remate deles vasche perdendo e é moi doloroso. A pesar de estar cun menos gran parte da segunda parte, puidemos gañar".