RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Marisa García: "Ao chegar aquí deime conta que o Dépor ABANCA era a mellor decisión"

María Luisa García Antolín (Madrid, 22 de xuño de 2006), coñecida futbolísticamente como Marisa García, foi presentada este mediodía como xogadora do Dépor ABANCA cedida polo Real Madrid CF.

Kevin Cabado manifestou que "xa demostrou en pretemporada o tipo de xogadora que é. Vén sumar bos rexistros. Caracterízase por ser moi completa. Ten moi bo xogo de costas pero tamén se manexa ben fose da área a pesar de ter unha gran estatura. Dentro da área sabe interpretar espazos e ten moi boa finalización".

Lembra así mesmo que "é internacional en todas as categorías da selección española" e mostrouse convencido de que "nos vai a dar grandes alegrías".

Finalmente Kevin Cabado confesa que "o acordo foi moi sinxelo. Chegamos, entendémonos rápido. Cremos que era o mellor para as 3 partes".

Pola súa banda, Marisa García asegura que coa chamada do Dépor ABANCA "desde o primeiro momento non tiven dúbidas. Ao chegar aquí deime conta de que era a mellor decisión. Á parte de como club é unha gran familia e estou moi feliz de poder estar aquí".

Opina que a pretemporada "foi moi completa. Preparámonos da mellor maneira. Esta fin de semana empeza o bo (co FC Badalona Women en ABANCA-RIAZOR o sábado 30 de agosto ás 18:00 horas) e estamos ben preparadas".

A nova dianteira deportivista afirma que Fran Alonso "me está dando moita confianza. Estou a responder ben e estou moi feliz porque está a confiar en min".

Márcase como reto "adaptarme ben á categoría. Necesito coller minutos en Liga F e aos poucos dar o máximo de min ao equipo".

Marisa García recalca que "me atopo bastante cómoda xogando de dobre punta ou xogando soa. Agora estamos a probar máis xogando 2".

Advirte para concluír que "me adaptei bastante rápido. É verdade que o vestiario, o corpo técnico e o Club puxéronmo moi fácil. E demostreino no campo".