RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Marrocos sub-20, con Amin Mustapha no once, venceu á República Democrática do Congo no primeiro amigable

-Foto:@frmf.ma.fr

 

Amin Mustapha (na foto na fila de arriba o segundo futbolista empezando pola dereita) está concentrado coa selección de Marrocos sub-20 desde o pasado domingo 19 até o 26 de maio no Complexo Mohammed VI en Rabat.

Durante estes días, o combinado marroquí disputa dous amigables ante a República Democrática do Congo no citado complexo deportivo.

No primeiro deles, hoxe mércores, venceu Marrocos por 2-0 con Amin no once inicial. O defensor do Xuvenil A xogou completo o partido.

A próxima cita do equipo marroquí nesta concentración será o sábado 25 de maio á mesma hora (19:00, hora galega), mesmo escenario (Complexo Mohammed VI en Rabat) e idéntico rival (República Democrática do Congo).

O calendario de partidos, co resultado dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 22 de maio
MARROCOS 2 - REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO 0

Sábado 25 de maio
19:00 (hora galega): MARROCOS - REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO

O xuvenil branquiazul xa foi citado o pasado mes de xaneiro con este combinado nacional, neste caso para dous partidos ante Mauritania, tamén de preparación.

Amin Moustapha é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.

/* Bot imbee */