Mauro Silva, tamén visiblemente emocionado, compareceu ante os
medios informativos en 'O Mundo do Fútbol'. O brasileiro ultima a súa
recuperación para poder estar mañá sábado sen ningún problema físico ás
ordes de Javier Irureta.
Mauro confesou que de consumarse a súa marcha definitiva a Brasil
"arrepentiume por non poder vivir o que vivín no Deportivo".
Advertiu que tanto o club como a cidade da Coruña estarán sempre no
meu corazón, "alí onde eu estea".