RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL
PORTADA

Menudo non continuará no RC Deportivo

Juan Carlos Menudo Domínguez (Sevilla, 18 de xuño de 1991) non continuará pertencendo, desde este momento, ao RC Deportivo.

O centrocampista andaluz converteuse na primeira fichaxe do Dépor 21-22 e pecha a súa etapa branquiazul cun balance de 11 partidos en Primeira RFEF, 1 en Copa do Rei, 1 gol e 303 minutos defendendo a camiseta Deportivista.

Desde agora, Juan Carlos Menudo poderá escoller libremente o seu próximo proxecto deportivo. O Club, tanto a nivel profesional como persoal, deséxalle a maior das sortes no seu futuro.