RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol arrinca mañá venres fronte a Bolivia o Campionato Suramericano sub-20 en Ecuador

Michi Apóstol está concentrada coa selección venezolana sub-20 para disputar o Campionato Suramericano que se disputa durante este mes en Guayaquil (Ecuador).

Os rivais na Primeira Fase da 'Vinotinto' son Bolivia, Colombia, Brasil e Chile. Os 3 primeiros clasificaranse para a Fase Final do torneo.

A primeira cita para a futbolista branquiazul será mañá venres 12 de abril ás 23:00 (horario de Galicia) fronte a Bolivia no Estadio Alberto Spencer Herrera.

O combinado venezolano xa se concentrou o pasado 26 de marzo no Centro Nacional de Alto Rendemento da cidade de San Felipe, período no que disputou dous amigables ante Perú. Michi Apóstol marcou un dos goles no segundo encontro, saldado con triunfo de Venezuela (3-1).

O calendario de partidos das venezolanas no Campionato Suramericano, en horario español, é o seguinte:

Venres 12 de abril
23:00: VENEZUELA - BOLIVIA, no Estadio Alberto Spencer Herrera

Mércores 17 de abril
1:30: COLOMBIA - VENEZUELA, no Estadio Alberto Spencer Herrera

Venres 19 de abril
1:30: VENEZUELA - BRASIL, no Estadio Alberto Spencer Herrera

Sábado 20 de abril
23:00: VENEZUELA - CHILE, no Estadio Alberto Spencer Herrera

Michi Apóstol é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.