RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol xogou e marcou no segundo amigable de Venezuela sub-20 ante Perú

Michi Apóstol está concentrada coa selección venezolana sub-20 na cidade de San Felipe como preparación para o Campionato Suramericano Feminino da categoría.

Durante este módulo de traballo do combinado nacional de Venezuela xogáronse dous partidos ante Perú.

No segundo deles, disputado no Centro Nacional de Alto Rendemento, a futbolista branquiazul comezou o choque no banco pero marcou un do tres goles do seu equipo (3-1) ante as peruanas.

Michi Apóstol descansou no primeiro dos encontros.

Ao concluír esta concentración, a selección venozalana participará no citado Campionato Suramericano sub-20, que se desenvolverá do 9 de abril ao 5 de maio en Guayaquil (Ecuador).

A atacante deportivista, que chegou ao Dépor ABANCA o pasado mes de xaneiro, xa debutou nun amigable co primeiro equipo ante o Athletic Club en Astorga aínda que normalmente xoga co filial de Tercera Federación FutFem, no que conseguiu anotar 9 goles en 7 partidos.

Michi Apóstol é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.