RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Moitas ideas para Canaldeportivo

En pouco máis dunha semana foron máis dun centenar as suxestións recibidas en Canaldeportivo.com para mellorar a web de face á próxima tempada.

A enquisa, de carácter anónimo, seguirá aberta para permitir que cheguen máis ideas nos próximos días. Desde aquí queremos agradecer a todos -ante a imposibilidade de facelo individualmente- o interese e a preocupación pola mellora da páxina.

A demanda de máis información, a tradución da web, o aumento de imaxes, a inclusión de vídeos, a presenza do Club -xogadores, corpo técnico e directiva- en chats e foros, resultados históricos das competicións e a necesidade dun cambio de imaxe son algunhas das ideas que máis se repiten e que, na medida do posible, non caerán en saco roto.

Pero son moitas máis as achegas dos internautas, que tamén queren sorteos, mensaxes a móbiles, fondos de escritorio e salvapantallas, entre outras cousas.

Entre todos faremos un Canaldeportivo mellor. Grazas.